EPA Pontevedra
                     EPAPU Río Lérez
 
Drop Down Menu

 

 

 Descargar Novas Epa

 

Drop Down Menu

As Novas e Blogs do Centro EPA no voso teléfono móbil

 

    Si tedes un móbil co sistema operativo ANDROID, podedes descargar unha aplicación gratuita para o voso teléfono que se conecta con todos os Blogs da EPA (o de Novas do Centro e os dos Departamentos que os teñen), para estar sempre informad@s das novidades.

   Como comprenderedes, o programa utiliza internet para actualizar as novas, de maneira que necesitaredes unha conexión Wi-Fi ou 2G/3G/4G. Neste caso a conexión implica un custo que dependera da tarifa de datos que teñades co voso operador de telefonía, aínda que a aplicación só descarga na sincronización o título das novas e o consumo de datos é mínimo.

   Podedes instalar a aplicación escaneando coa cámara do móbil o código QR (é necesario ter instalada unha aplicación de escaneo de códigos) ou descargala ao voso PC/Terminal pinchando no QR e logo copiala e instalala manualmente no teléfono (hai que ter activada a opción de instalar aplicacións de orixe descoñecida). Funciona con calquera versión de Android, tanto en móbiles como Tablets, en modo vertical ou apaisado. No menú de configuración podedes cambiar o idioma da app e configurar os intervalos de sincronización, se queredes que só sincronice por Wi-fi, etc.

   Si non tedes un móbil Android pero sí acceso WI-FI ou conexión con internet, podedes instalar un lector de RSS/Feeds para o sistema operativo do voso terminal e configuralo para que descargue novas das seguintes direccións:

            http://novas.epapontevedra.com/feed  (Novas do Centro)

            http://epabiblioteca.blogspot.com/feeds/posts/default  (Novas da Biblioteca)

            http://blog.epapontevedra.com/?feed=rss2  (Ámbito de Sociedade)

            http://fisicayquimica.epapontevedra.com/?feed=rss2  (Dpto. de Física e Química)

            http://ambitocientifico.epapontevedra.com/?feed=rss2  (Ámbito científico)

            http://orientacion.epapontevedra.com/?feed=rss2  (Dpto. de Orientación)

            http://departamentolingua.blogspot.com/feeds/posts/default (Dpto. de Galego)

 

 As mesmas ligazóns serven para engadir ao lector RSS do voso navegador (Internet Explorer, Firefox...) de maneira que sexa o navegador o que avise das novas mensaxes cando vos conectedes a internet no PC onde o teñades instalado.

Novas e Anuncios

Comunicacións internas e chat

Aula virtual do centro